Se premes aquí, podes ver fotos podes da miña familia.
Mamá chámase Conchi, e traballa moito, moito, na cociña do hospital. Agora está descansando, porque preciso que me coide e me dea mimiños, polo menos ata o verán. Papá chamase Jose (algúns tamén o coñecen polo Trasno, que non sei moi ben o que é. Traballa moito, moito, pintando. Unhas veces usa brocha gorda, e outras brocha fina. Éche un artista, e tamén sabe dar mimiños.
Bárbara é a miña irmá. Estuda moito, moito, e é moi cálida. O que máis me gusta de Bárbara é cando me deita sobre o seu peito. É o lugar máis cómodo do mundo. Tamén sabe dar mimiños.
NOVEDADES DE ESTAS SEMANAS.
Hace 4 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario