22.2.09

VOTAME


http://jeux.lagencetorich.com/kiabi_casting/es/?geno=53217&geca=0&geex=1&id_cp=27831

14.2.09

MI DORMITORIO



ESTE ES MI DORMITORIO MI PAPA ME HIZO LOS DIBUJOS CON TODO EL CARIÑO DEL MUNDO.
MAMA Y BARBARA TAMBIEN AYUDARON MUCHO PARA QUE TENGA UNA HABITACION TAN BONITA
COMO PODEIS VER.
Posted by Picasa

9.2.09

A durmir!

Ás veces cústame durmir. Hai músicas relaxantes, como esta, que sirven para que todos nos quedemos fritos....

Como como!

Empecei a comer cando estaba no hospital. Gústame o leite, pero o meu estómago eche delicado, e non podo comer de todo....

A miña familia

Se premes aquí, podes ver fotos podes da miña familia.
Mamá chámase Conchi, e traballa moito, moito, na cociña do hospital. Agora está descansando, porque preciso que me coide e me dea mimiños, polo menos ata o verán. Papá chamase Jose (algúns tamén o coñecen polo Trasno, que non sei moi ben o que é. Traballa moito, moito, pintando. Unhas veces usa brocha gorda, e outras brocha fina. Éche un artista, e tamén sabe dar mimiños.
Bárbara é a miña irmá. Estuda moito, moito, e é moi cálida. O que máis me gusta de Bárbara é cando me deita sobre o seu peito. É o lugar máis cómodo do mundo. Tamén sabe dar mimiños.

Eu son eu


Eu son Daniel. Nacín o 27 de xaneiro de 2009, ás 7:57 da mañá. Non é que me guste madrugar: en vez de nacer, nacéronme, porque non tiña gañas ningunhas de saír.
Todos din que son grandote. Medín 52 centímetros, e pesei 3,790kg.! Non está mal, eh? Aquí tés unha foto miña, para que vexas que guapo son! E iso que acabo de chegar! Non che queda nada por ver!