Eu son Daniel. Nacín o 27 de xaneiro de 2009, ás 7:57 da mañá. Non é que me guste madrugar: en vez de nacer, nacéronme, porque non tiña gañas ningunhas de saír.
Todos din que son grandote. Medín 52 centímetros, e pesei 3,790kg.! Non está mal, eh? Aquí tés unha foto miña, para que vexas que guapo son! E iso que acabo de chegar! Non che queda nada por ver!